Campo do Nome/Enderezo

Aquí pode introducir o nome do servidor ou o seu enderezo.

O servidor pode especificarse de varias maneiras:

servidor único

Este é o formato máis habitual. Pode indicar un servidor ou unha abreviación recoñecida polo resolvedor, un nome completo de dominio, ou un enderezo IP.

Grupos de rede

Os grupos de rede NIS poden ser indicados como @group. Só se contrasta a parte de servidor de cada membro do grupo de rede ao verificar a membresía. As partes de servidor valeiras destes que só conteñan un trazo (-) son ignoradas.

Caracteres de substitución

Os nomes de máquina poden conter os caracteres de substitución * e ?. Isto pode ser usado para facer máis compactos o ficheiros de exportación; por exemplo, *.cs.foo.edu concorda con todos os servidores no dominio cs.foo.edu. Porén, estes caracteres de substitución non concordan cos puntos nun nome de dominio, polo que o patrón anterior non incluirá servidores como a.b.cd.foo.edu.

Redes IP

Tamén pode exportar cartafoles a todos os servidores dunha (sub-)rede IP á vez. Isto faise indicando un par de enderezo IP e máscara de rede como enderezo/máscara onde a máscara pode ser indicada no formato punto-decimal, ou como unha lonxitude de máscara contigua (por exemplo, tanto «/255.255.252.0» como «/22» engadidos ao enderezo base da rede darán unha subrede idéntica con 10 bits de servidores).